Froito do carballo, da aciñeira e da sobreira, de forma oval, cuberto por unha casca dura e unido á árbore por unha especie de caparucho que o cobre pola parte de atrás
Etimoloxía
Palabra que nos chega desde o latín vulgar *glandine, que remite ao vocábulo clásico glans de significado semellante.
Exemplos *
“Madurecen os días de outono e caen os verdes noutrora: follas, cálices, ourizos, landras... Marquesa teima en estar soa no xardín. Ensómese en cavilacións.” (Xosé Vázquez Pintor: A memoria do boi, 2001)
“Cantabamos, diciamos historias, bebiamos cervexa se a había. Eramos donos do mundo, nosoutros : donos da terra e dos seus carballos cargados de landras, donos dos cervos e dos xabarís, donos dos ríos e dos mares, donos do verán e do inverno, donos da noite e mais do día.” (Darío Xohán Cabana: Cerco de ferro, 1994)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.