lanterna

Aparello manual, en forma de caixa pequena ou de cilindro, cunha lámpada no seu interior protexida por un vidro, que produce luz mediante pilas

Etimoloxía

Palabra que bebe da latina lanterna que remite ao grego lampter ‘recipiente onde se queima resina ou madeira para iluminar’.

Exemplos *

“Son dun tempo / de espectáculos, lanternas e acebeches comigo. / Tamén sei dunha violencia de silencio / en serpe oculta de maligno / que maldigo.” (Xela Arias: Tigres coma cabalos, 1990)

“Sabía moi ben que o chamado "cambio climático" é realidade e metáfora dunha desfeita planetaria. Agora, eu imaxínoo como un fareiro na noite, agarimando a lanterna, e sentindo que emitía unha vez máis, talvez o derradeiro sinal.” (Manuel Rivas: Luzes, 11-2016)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.