lanzadeira

Vehículo espacial que pode transportar a súa carga ata o espazo e logo regresar á Terra para volver realizar outra misión

Etimoloxía

Termo formado sobre o verbo “lanzar” que procede do latín tardío lanceare ‘manexar a lanza’.

Exemplos *

“Irán ten unha tecnoloxía" forte comparada coa de Europa Occidental " e desenvolveu unha lanzadeira non militar, a Shahab-4, “capaz de poñer satélites en órbita "” (C.H.O.: O Correo Galego, 29-12-2000)

“Hai anos lin un libro titulado Odisea dun astronauta, no que Joseph P. Allen, un dos primeiros astronautas en voar na lanzadeira espacial, describe a indescritíbel sensación de observar a Terra desde o espazo.” (Xurxo Mariño: Po de estrelas. Novas receitas científicas de Os dados do reloxeiro, 2007)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.