Molusco univalvo mariño da clase dos gasterópodos (Patella vulgata), de cuncha cónica e rugosa, que vive pegado ás rochas da costa e se alimenta de algas.
Etimoloxía
Discútese sobre a súa orixe, que podería ser unha forma céltica lappa ‘pedra’ ou o latín lappa ‘lampaza’.
Exemplos *
"… aquelas xentes recollían numerosos moluscos (nas escavacións efectuadas apareceron especialmente cunchas de berberechos, lapas e mexillóns)" (Xaquín Pena Patiño: A arca de Noé. Elementos de Oceanografía e Bioloxía mariña)
"… pegóuselle como unha lapa unha molesta rapaza de trece anos, con enteira cara e aspecto de neno non sendo polos peitos …" (Ursula Heinze: O soño perdido de Elvira M.)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


