Parte da cuberta dun libro que se dobra sobre o reverso da tampa.
Etimoloxía
Termo de orixe escura.
Exemplos *
"Lin o teu libro de poemas a noite do cine e vin, na lapela do libro, que vivías pegada á ponte." (Xosé Carlos Caneiro: A rosa de Borges)
"Dubidou até o final entre o libro do tal Eielson, de quen na lapela leu que era limeño, e O Proceso, que acabaría por ser o elixido." (Alejandro Tobar: Cremalleiras)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


