lapis

Instrumento para escribir, debuxar ou pintar, formado por unha fina barra de grafito ou doutro material, recuberta por unha envoltura de madeira.

Etimoloxía

Esta palabra tomouse así do italiano, procedente do latín lapis –idis ‘pedra’.

Exemplos *

“Sentado fronte a unha mesa chea de papeis, carpetas e lapis, un home duns corenta e tantos anos lía concentrado un informe.” (Leticia Vila Sexto: Os tratantes de papagaios)

“… sacou un lapis e arrincou un cacho do mantel de papel, rompeuno en catorce anaquiños e escribiu un número en cada un.” (Manuel Darriba: Brais e os demais)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.