Casa familiar
Etimoloxía
Palabra que vén do latín Lar, laris ‘Deus protector da casa’.
Exemplos *
“Gustaríame que a miña sociedade de orixe, a galega, fose plural e acolledora, solidaria e permeábel (como unha membrana), de xeito que evolucionase de tal forma que se algún día retorno ao lar de orixe, non me sinta como un estranxeiro.” (Xavier Queipo: Sermos Galiza, 24-7-2014)
“Contemplamos a paisaxe, por veces íntima, outras tan maxestosa que somos formiguiñas na procura dun lar definitivo, aínda que sexa un burato.” (Pedro Rielo: Galicia Hoxe, 19-11-2010)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.