Morea grande de leña que arde con grandes chamas e resplandor.
Etimoloxía
Palabra creada sobre lar e este do clásico lar, laris 'lareira'.
Exemplos *
"No camiño había unha larada de lume na que se afumaban os que ían marchando para a casa." (Manuel García Turnes: As rapazas de Xan)
"Quietude. Tamén fume mesto e outonal das laradas das casiñas." (Anxo Angueira: Terra de Iria. Viaxe ó país de Rosalía de Castro)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.