Bebida feita con zume de laranxa, ao que se lle engade auga e azucre.
Etimoloxía
É un derivado de laranxa que, igual ca limón, procede do persa e chegounos polo árabe.
Exemplos *
"… ardía o lume e ela estaba deitada nun colchón vello, cunha laranxada na man e o seu sorriso aberto ao mundo." (Antón Riveiro Coello: As casas baratas)
"Cos dentes quitoulle o tapón a unha das botellas de laranxada e ofreceulla á inglesa …" (Xosé Manuel Martínez Oca: A negra)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.