Caldo ao que se lle bota fariña de millo para que espese
Etimoloxía
Palabra de orixe incerta.
Exemplos *
“Nordesio serviulle viño tinto con mel e un larapote de había dous días. Foi entón cando Mauricio de Segade preguntou se o seu pai tiña casa no Couto.” (Antón Riveiro Coello: A quinta de Saler, 1999)
“Eu casei na montaña / porque me han de dar o dote / medio ferrado de aveas / para facer o larapote.” (Ofelia Carnero Vázquez e outros: Da fala dos brañegos. Literatura oral do concello de Abadín, 2004)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.