Pedra plana situada a pouca altura do chan, onde se fai o lume para cociñar, nas casas tradicionais, e sobre a que adoita ir colocada unha cambota
Etimoloxía
Chega desde o latín lararia ‘altares domésticos para a honra do deus Lar’.
Exemplos *
“Máis vale ter unha vida sinxela e feliz, durmir no verán a sesta á sombra mansa dos castiñeiros e no inverno comer chourizos á calor da lareira.” (Xosé Miranda: Infancia e desventura de Lino Carrán, 2000)
“Un can entrou pola porta aterecido polo frío e sentou a par da lareira onde Paco Uzal animaba o lume con guizos secos.” (Antón Riveiro Coello: As rulas de Bakunin, 2001)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.