laretar

Falar moito e dicindo cousas sen xeito

Etimoloxía

Vocábulo formado sobre “laretas”, que é unha creación expresiva.

Exemplos *

“Afonso laretaba, desculpándose por non esperala para xantar, mais Frida xa non o oía.” (Dolores Ruiz: Dentro da illa, 2005)

“Por outra, porque ao verse atado seguro que o Rubio laretou todo o sucedido en Aguiño confiando en que dese xeito rapaz o soltaría.” (Domingo Villar: A praia dos afogados, 2009)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.