larinxe

Canle que comunica a boa coa traquea, pola que pasa o aire que vai ao pulmóns e na cal están situadas as cordas vocais.

Etimoloxía

Xorde do termo grego lárugks, láruggos 'larinxe' ou 'gorxa'.

Exemplos *

"Tes que levar (…) a larinxe ó otorrinolaringólogo, a columna ó traumatólogo, os músculos ó reumatólogo… é preciso contentalos a todos, ¿pero quen se ocupa da unidade, do corpo enteiro?" (Gustavo Pernas Cora: Comedias paranoicas)

"Os poucos pasaxeiros que viaxaban no autobús puideron ver en tal aceno non só a larinxe senón tamén a alma dun compañeiro repentinamente fraternal." (Xurxo Sierra Veloso: Os ollos do rei de copas)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.