Comida que sabe moi ben, en particular, unha cousa doce
Etimoloxía
Voz derivada sobre o verbo “larpar” que remite a “lapar” que se pensa que procede dunha raíz prerromana lap- ‘onomatopea de lamber’.
Exemplos *
“Sempre había unha caricia para ela, sempre unha larpeirada e sempre unha mirada vixiante para comprobar que non se mancara naquel escenario cheo de perigos para unha rapariga de a penas tres anos.” (Rosa Aneiros: Corazóns amolecidos en salitre, 2002)
“A vida entra cando o día se vai e o gris das pedras desaparece varrido pola escintilación dos farois. Entre os postos está o da señora Esclavitud, onde se vendían cigarros soltos, "caldo de galiña", pan de figo, laranxas, bocadillos e outras larpeiradas como caramelos, chocolates e anises .” (Paco Carro: Tempo ordinario (Historias de Compostela), 2014)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.