lasaña

Prato italiano preparado con capas desta pasta separadas por capas de carne picada, peixe ou verdura e recuberto de bechamel, salsa de tomate e queixo, que se cociña ao forno

Etimoloxía

Adaptación do equivalente italiano lasagna ‘especie de masa alimenticia’.

Exemplos *

“Os restos da lasaña que ceara con Lucía no mellor restaurante italiano da cidade, decoraron os seus zapatos castaños e os seus enormes pés.” (Laura Caveiro: As naos afondando, 2000)

“Pola noite regresarei á casa cun paquete de tabaco, cunha lasaña precociñada do último supermercado aberto e coa programación da televisión ben aprendida.” (Diego Ameixeiras: Tres segundos de memoria, 2007)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.