lastra

Ferida superficial, xeralmente aberta, que pode segregar pus

Etimoloxía

Voz de orixe prerromana.

Exemplos *

“Colleuna para deixala no vertedoiro e, así que a agarrou, deixou que caese ao chan dando un berro de dor. Escaldaba. Unha lastra vermella comezou a asomarlle na palma da man e nos pés, salferidos pola auga a ferver, non tardaron en agromar pequenas bochas de líquido linfático.” (Anxos Sumai: A lúa da colleita, 2013)

“Nese intre os matalotes comezaron a lanzar obxectos e acadaron a darlle a Lino cunha lastra na fronte. Brotaba o sangue e salfería as lousas da praza mentres el, atordoado, se deixaba caer sentado novamente.” (Xosé Miranda: Historia dun paraugas azul, 1991)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.