Non asistir á clase ou a onde un ten obrigación de ir.
Etimoloxía
A orixe desta palabra é incerta pénsase que podia proceder do latín latitare 'estar agochado, permanecer clandestino'.
Exemplos *
"Rachan os bombachos, caen no chan, máncanse, zoupan na pelota de trapo con tódalas súas forzas, chegan á casa sucios e poeirentos, latan a clase para seguir xogando, pasan o día a cismar no fútbol." (Xesús Flores e Xosé Mejuto: Historia do Deportivo)
"Dentro, mentres un par de mocosos que lataron a clase lle piden a Pinito del Oro que lles asine cadansúa foto, os irmáns Tonetti ensaian un novo gag." (Luís Rei Núñez: Expediente Artieda)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


