latexo

Cada un dos movementos alternativos de contracción e dilatación das arterias ou do corazón.

Etimoloxía

Deriva de latexar, que remite ao latín glattire, que inicialmente era ‘ladrar’ e logo tomou tamén o sentido de ‘palpitar’.

Exemplos *

“Se cadra non reparamos, mergullados no ruído audiovisual, que unha película, como dicía Godard, diríxese cunha mirada e móntase co latexo do corazón…” (Daniel Domínguez: Tempos Novos 10-2007)

“Os ríos son as arterias e as veas que recollen o intenso latexo do corazón de Galicia.” (Xosé Lois Ripalda: O país dos mil ríos. Cultura fluvial en Galicia)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.