latoeiro, -a

Persoa que fai ou vende obxectos de latón

Etimoloxía

Palabra formada desde “latón”, que procede do árabe latun ‘cobre’.

Exemplos *

“...atopaba o seu lugar de folga e encontro, entre o colorido dos panos das quincalleiras (...) os postos de polbo, os de chourizos e carne de porco, os zarralleiros, os latoeiros, os cegos das coplas, as rosquilleiras.” (Xosé Manuel Martínez Oca: As florestas do Mañuema, 1988)

“O popular oficio do latoeiro ou follalateiro, ten desaparecido da meirande parte das vilas e cidades de Galicia e só perviven algúns obradoiros que fabrican as antigas pezas do pasado.” (Guillermo Llorca Freire: Ferrol: memoria da vida cotiá, alimentación, oficios, tempo de lecer, tempo de fogar, 2008)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.