laudemio

Dereito que se pagaba ao señor cando se alleaban as terras e posesións que este daba en enfiteuse

Etimoloxía

Termo que procede do latín tardío laudemium que significaba ‘aprobación que daba o señor a unha transacción comercial’.

Exemplos *

“Do souto no señorío / non hai rendas, nin laudemios, / nin direitos de pernada.” (Florencio Delgado Gurriarán: “Romanzo do cabaleiro ourizo”, A Bebedeira, 1934)

“En canto ao seu programa reivindicativo D. Pereira sistematizado así: "Abolición de foros, censo, laudemios, etc., sen indemnización. Abolición das cargas estatales aos propietarios que traballasen as súas terras sen asalariados.” (Manuel González Probados: Movemento obreiro e socialismo, 1983)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.