laurear

Conceder un premio a alguén como recoñecemento dalgún mérito

Etimoloxía

Vocábulo que nos chega desde o latín medieval laureare, que, á súa vez, é un derivado do latín laureatus 'coroado con loureiro'.

Exemplos *

“Na pasada convocatoria distinguiu ó chinés Gao Xingiang (...), e respectivamente en 1997 e 1998 laureou a dous representantes da esquerda máis radical con claras ideas comunistas como son Dario Fó e José Saramago” (Redacción: O Correo Galego, 2001)

“Alí mesmo, a rentes da boca escura e esférica, asindo sen esforzo aparente a tapa metálica, o meu salvador minusvaloraba, verba cansa e nasal, a gloriosa xesta que o laureaba.” (Xabier López López: Biff, bang, pow. Novela case negra, 1997)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.