lavadura

Alimento tradicional para os porcos, feito a base de fariña, pelas de patacas, restos de comida etc.

Etimoloxía

Palabra que nos remite a “lavar” que remite ao verbo latino lavare de significado semellante.

Exemplos *

“Os contactos que tiña coa clase social baixa eran limitados: A muller que viña buscar o caldeiro da lavadura, onde, na cociña, botaban os restos da comida que quedaban, para alimentar o porco que tiña na casa do arrabalde.” (Mª Xosé Queizán: Ten o seu punto a fresca rosa, 2000)

“Na casa dos Romero Hermanos sempre nos trataban ben, pois amais de darnos o pan reseso e a lavadura para os porcos a min sempre me regalaban unha onza de chocolate ou un plátano con pan.” (Guillermo Llorca Freire: Ferrol: memoria da vida coitá, 2008)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.