Persoa que ten por oficio lavar roupa
Etimoloxía
Palabra procedente do latín vultar *lavandarius, que deriva do clásico lavare.
Exemplos *
“Ademais, a familia adoitaba dispor dunha muller que facía de lavandeira e pasaba pola casa cada dous ou tres día a levar e traer a roupa.” (Xavier Castro: Servir era o pan do demo. Historia da vida cotiá en Galicia. Séculos XIX e XX, 2007)
“Antes, cando ía ao río, gustáballe mirar as cadeiras das lavandeiras, pero agora antollábanselle mulleres ordinarias e bastas, de cadeiras descomunais.” (Manuel Janeiro: A fada das lapas, 2008)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.