Capa de xeo que se forma sobre a superficie dun líquido cando vai moito frío
Etimoloxía
Esta voz, para a acepción relacionada co xeo, a súa orixe está relacionada coa palabra latina glaciem ‘xeo’.
Exemplos *
“E se o campo se cobre de xeada ou de neve, vostede a pasear, a facer camiñadas polo lazo ou pola neve.” (Úrsula Heinze: O soño perdido de Elvira M., 1982)
“Outra palabra nosa é “lazo” para referirse á capa de xeo das superficies da auga, charcos ou encoros.” (Afonso Vázquez-Monxardín: La Región, 10-1-2021)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.