Calidade de leal
Etimoloxía
Termo creado sobre estoutro “leal” que chega desde a palabra latina legalis que significa ‘que pertence á lei’.
Exemplos *
“Hai que recuperar a lealdade e a confianza recíproca entre nós, non competir.” (R. Candal: Galicia Hoxe, 30-4-2009)
“A virtude da lealdade, o principal. Despois, o amor ós semellantes. O cariño que sente polo seu propio país, mérito que para moitos é anticuado.” (Avelino Abuín de Tembra: O Correo Galego, 26-5-2002)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.