lebre

Mamífero salvaxe da familia dos lepóridos semellante ao coello, coas patas de atrás máis longas e máis fortes ca as de diante, que se caracteriza pola súa velocidade ao correr e do que existen varias especies

Etimoloxía

Termo que chega do latín lepore co mesmo significado.

Exemplos *

“(...) Lixeira coma o vento, coma o bagual cando dispara polas rápidas barrancas, como a lebre que brinca e gambetea entre os matos de coirón, ou como as garzas de longas patas pescadoras, a voar por riba das xunqueiras.” (Víctor F. Freixanes: A cidade dos Césares, 1993).

“Os homes foron cazadores antes que agricultores, cando saltaba a lebre, brincaba o coello polas catro esquinas de Galicia, e o monte autóctono estaba habitado polos impetuosos porcos bravos” (Fausto Galdo: Abecedario das matenzas, 2012).

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.

Axúdasnos a mellorar? Pechar

A túa opinión impórtanos. Queremos saber como usas o Portal das Palabras, que che gusta máis e se botas algo en falta.

Enredarache moi pouco tempo!.

Cubre a enquisa aquí