Exposición oral ou práctica sobre unha materia determinada
Etimoloxía
Termo que chega desde o latín lectione ‘acción de ler’, ‘lectura’ ou ‘escolla’.
Exemplos *
“O Café Goya era onde o meu amigo Lolo Díaz-Fernández adoitaba impartir as súas leccións de historia olívica.” (Pedro Feijoo: Os fillos do mar, 2012)
“Ao final Curros queda baixo a protección do sacerdote, que é un sacerdote casado e quere que Curros lles dea leccións de castelán a dúas fillas súas. El tamén aprende cousas. Por exemplo cousas de literatura inglesa, francesa e alemá.” (Bernardino Graña: Curros Enríquez e os gansos, 2011)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.