Tempo dispoñible para facer algo ou para descansar
Etimoloxía
Palabra que bebe na latina licere ‘estar permitido’.
Exemplos *
“Por sétimo día consecutivo, a Antía tocáballe traballar. Estaba afeita, polo propio horario do xornal, a pasar no interior da redacción as horas que outros dedicaban ao lecer. As tardiñas, os festivos, as fins de semana...” (Sara Alonso Vila: Oito días sen Eva Cortés, 2021)
“El estaba moi ocupado co seu traballo, co seu grupo de teatro e coa súa moza Esther, que coñecera non moitos meses atrás grazas á súa actividade como actor no seu lecer.” (María Oruña: O que a marea esconde, 2021)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.