lector, -a

Que le, para si ou para outros

Etimoloxía

Palabra que procede directamente do equivalente latino lector.

Exemplos *

“Aínda estivo a ler desde a súa liteira algúns anos o que non axudou á soltura do cativo como lector en alta voz.” (Xabier Paz: As vidas de Nito, 2013)

“Pero o teu avó foi un bo mestre, traíame libros, comentábaos comigo, e respectou as miñas crenzas, aínda que el non as compartía. Ti tamén es unha boa lectora e sabes máis cousas que as nenas da túa idade, e que moitos universitarios.” (Marina Mayoral: O anxo de Eva, 2013)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.