Acción de ler e interpretar un texto
Etimoloxía
Cultismo que chega do latín medieval lectura que procede do verbo legere ‘reunir’, ‘escoller’ ou ‘ler’.
Exemplos *
“Observei a miles de nenos iniciados na lectura como lían e levaban a súa propia literatura infantil en banda deseñada.” (Xosé Lois García: Galicia Hoxe, 22-02-2005)
“Alguén falou da lectura como unha das actividades máis pracenteiras, imantantes, frutíferas e formativas que pode realizar un ser humano.” (Miguel Anxo Fernán Vello: Galicia Hoxe, 04-02-2005)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.