ledicia

Estado de ánimo ou sentimento de pracer que produce un suceso favorable

Etimoloxía

Palabra que procede da latina laetitia de significado semellante.

Exemplos *

“Rematamos cansos, pero coa ledicia dos nenos que levantan un castelo na area. E eu necesitaba ese optimismo para tirar a síndrome do localizador lapa.” (Manuel Rivas: Vivir sen permiso e outras historias de Oeste, 2018)

“Abriuna e ensinounos a todos un anel que non semellaba quincalla precisamente. Mariña non amosou ledicia polo agasallo. Cerrou a caixa e meteuna no bolso.” (Manuel Iglesias Turnes: Que non te aten, 2017)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.