Que sente ledicia.
Etimoloxía
Procede do latín laetus ‘alegre’.
Exemplos *
"Vivían así uns días ledos nos que era doado enganarse a si mesmos de maneira que o traballo, o exercicio, as brincadeiras, as bebedeiras semellaban ofrecerlles praceres novos." (Antón Risco: Tres situacións elementais)
"Estaba unha noite fresca, pero non desapracible, e Santiago era aínda unha cidade barulleira e leda…"(Carlos G. Reigosa: Crime en Compostela)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


