legado

Persoa enviada por un goberno ou xefe de estado para que no seu nome realice algunha xestión ou trate algún asunto con outra persoa ou persoas.

Etimoloxía

Vén do latín legatum 'donativo deixado no testamento', derivado do verbo legare 'enviar' ou tamén 'deixar en testamento'.

Exemplos *

"… sería tanto como incorrer en flagrante sacrilexio "contra a Orde Divina e os sagrados designios, cumpridos con pureza escrupulosa polos legados de El Señor nesta terra pecadora, Papa, Bispos, Clero regular e secular …" (Xesús Rábade Paredes: A palabra secreta)

"… aos estímulos internos de reforma, sumáronse os xerais da Igrexa impulsados pola actuación dos legados pontificios e pola crecente centralización romana que, en último termo, reforzaba a diocesana." (Fernando López Alsina: A parroquia en Galicia: pasado, presente e futuro. Da protoparroquia ou parroquia antiga altomedieval á parroquia clásica en Galicia)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.