Froito das plantas da familia das leguminosas.
Etimoloxía
Tomouse do latín, da palabra legumen, inis.
Exemplos *
"… homes, mulleres, seres humanos, ninguén é preciso para que perduren as cousas, o agromar e a seca dos vexetais, árbores e legumes que inxectan as súas raíces na terra húmida." (Xosé Carlos Caneiro: Un xogo de apócrifos)
"… na compaña de frei Chícharo que remexía nunha saca e recontaba, unha por unha, as lentellas que quedaban para a semana, e por cada pedriña que depositaba nunha balanza, situaba dez legumes nunha ola. (Alfonso Álvarez Cáccamo: O espírito de Broustenac)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.