leirón

Pequeno mamífero da orde dos roedores (Eliomys quercinus), de cor gris e rabo peludo, que no inverno entra en letargo.

Etimoloxía

Orixinouse a partir da denominación latina, que en principio era glis, -iris e acabou mudando en glirone.

Exemplos *

"Dorme coma un leirón sete horas seguidas e baleira o ventre dúas veces ó día …" (Euloxio R. Ruibal: De corpo enteiro)

"… marchou para o seu cuarto disposto a durmir coma un leirón e recuperar aquel sufrido corpo que parecía vestir de malleira." (Xabier Quiroga: Atuado na braña)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.