Establecemento comercial onde se vende leite e os seus derivados e tamén pan e ovos
Etimoloxía
Derivado formado sobre “leite” que procede do equivalente latino lac, lactis.
Exemplos *
“Ocaña inicia novas e diversas actividades en Cangas: traballa como representante comercial, abre un estanco na ribeira, o Lyon Bar, unha leitaría e o popular salón de baile Danubio Azul.” (Elvira Branco: Nós Diario, 24-12-2022)
“Da estación da Sionlla, os veciños inda recordan como collían o tren para ir ata Oroso ou Ordes, e tamén o importante uso que tiña para transportar bidóns de leite das leitarías da zona.” (Redacción: El Correo Gallego, 27-6-2021)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.