Sobremesa que se prepara cunha masa de fariña e leite que se reboza e se frite
Etimoloxía
Expresión formada polo substantivo “leite” que procede de lacte, co mesmo significado e o adxectivo “frito” que procede frictus, participio pasado de friigo, ‘fritir’.
Exemplos *
“Divagando brevemente acerca da comida das fondas galegas, do papel da comida das fondas galegas, do papel da muller na nosa tradición culinaria, e concluíu pedindo leite frito pra ela e arroz con leite pra el.” (Alfredo Conde: Sempre me matan, 1995)
“O que non perdoou foi a sobremesa: leite frito, o seu favorito.” (Xavier Senín: El Correo Gallego, 18-5-2015)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


