leite

Líquido branco segregado polas glándulas mamarias das femias dos mamíferos, co que alimentan as crías

Etimoloxía

Procede do equivalente latino lac, lactis que significaba ‘leite’ ou ‘zume co aparencia de leite'.

Exemplos *

“Delgadiña cal vara de vimbio, xa tivera problemas cando dera a luz á súa filla maior, Mariña, pois os seus minguados seos non deitaban leite abondo para insuflar vida a unha criatura.” (Xosé Mª Lema: Costa do solpor, 2013)

“A beizón dos ramos de loureiro diante da igrexa, as visitas coa miña avoa Mamá Amadora á confeitaría dos de Roca, o queixo e o leite da axuda americana ...” (Agustín Fernández Paz: O rostro que deixamos, 2012)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.