Persoa que se dedica a vender leite
Etimoloxía
Denominación que se forma por derivación tomando como base a voz “leite” que vén do latín lactis.
Exemplos *
“A miña nai era leiteira. Tiraba dun carriño con dous grandes xerros de cinc. O leite que repartía era o das vacas do meu avó Manuel, de Corpo Santo, a unha ducia de quilómetros da cidade.” (Manuel Rivas: Que me queres, amor?, 1995)
“Ninguén quixo comer a Pucha; a súa carne vella houbo que vendela, que naqueles tempos de carencias todo era comestible. O peor foi a perda da fábrica de leite que faltou na casa. A partir de aí houbo que comprarllo á leiteira.” (J.A. Xesteira: Contos de familia, 2005)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


