leiteiro, -a

Persoa que se dedica a vender leite

Etimoloxía

Palabra que nos chega desde a latina lactarius cunha significación semellante.

Exemplos *

“Fun coa miña fantasía de autostop –de illa a illa ía en transbordador, pero en cada illa facía autostop–, e claro, o autostop nese lugar significaba que, con sorte, pasaba un coche cada hora... e era o carteiro, o cura da vila ou o leiteiro.” (Manuel Xestoso e X. Cid Cabido: Antón Reixa. Ghicho distinto, 2012)

“É certo que antes se escoitaba cantar algún carro no monte, que as gaivotas non aniñaban nos tellados das casas, que o leite o traían as leiteiras, que o corno anunciaba o peixe fresco todo o día e que todos tiñamos corenta anos menos.” (Suso Lista: Charamuscas, 2017)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.