Establecemento comercial onde se vende leite e os seus derivados e tamén pan e ovos
Etimoloxía
Derivado formado sobre “leite” que procede do equivalente latino lac, lactis.
Exemplos *
“Di : nesta ventá estaba a leitería da señora Xosefa ; era a nai dunha familia de inmigrantes vidos de Lugo ; (Xosé Antonio Perozo: Martázul, 2001)
“Amañou a roupa, disimulou os billetes nos petos do pantalón e da chupa, botou unha derradeira ollada ao interior da antiga leitería e emprendeu a camiñada cara á casa do Moncho.” (Xosé A. Ballesteros Rey: Talego, 1993)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.