leitmotiv

Tema que se repite ao longo dunha composición musical asociado a determinados feitos, personaxes ou momentos, para caracterizalos // Idea, argumento ou tema que se repite ou ao que se recorre moito nun discurso, escrito, obra literaria etc.

Etimoloxía

Voz tomada do alemán leitmotiv que significa literalmente ‘motivo principal’.

Exemplos *

“O leitmotiv segue sendo ofrece ao público unha ampla variedade de formacións coas que descubrir novos timbres e repertorios.” (AA.VV.: Xornal de Lemos, 7-10-2024)

“A composición musical está baseada na Batalla de Cacheiras, o 23 de abril de 1846. (...) A obra presenta varios temas a modo de leitmotiv para cada exército, o galego e o nacional.” (Raúl Martín Niñerola: Concerto conmemorativo XXV aniversario – Asociación Galega de Compositores, [programa], 26-2-2012)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.