leito

Moble do dormitorio, cun colchón, onde se dorme

Etimoloxía

Palabra que xorde no equivalente latino lectus.

Exemplos *

“O meu leito estaba situado nun pequeno cuarto, chamado " a alcoba ", que fora dos finados patrucios da casa.” (Xosé Mª Lema: Costa do Solpor, 2013)

“Don Raimundo Froilán ergueuse e foi ata o cuarto, sentou no ladeiro do leito e deu en cavilar.” (Carlos G. Reigosa: Tras da corda/ O Ramiro de Braña (ou A maldición do cacique), 2012)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.