Cría do porco, especialmente mentres mama
Etimoloxía
Termo derivado sobre “leite” que bebe do latín lactem de significado semellante, referido aos animais que aínda toman leite.
Exemplos *
“O leitón asado ó limón á moda de Nurenberg ou os faisáns du Paradis flanqués de mauviettes convertéronse en especialidades que nas súas mans acadaron unha categoría próxima ó sublime.” (Xavier Lama: Os moradores da nada, 1995)
“El e mais o avó camiñaron collidos da man polo campo da feira, en silencio, sen mirarse, sen deterse. Pasearon entre a bosta e os leitóns e finalmente subiron pola estrada de Santiago o quilómetro e medio que os separaba da Brea.” (Xurxo Borrazás: Na maleta, 2000)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.