lembranza

Pegada que algo do pasado deixa na memoria e que vén a ela nun momento determinado

Etimoloxía

Voz formada por sufixación sobre o verbo “lembrar” que vén do latín memorare de significado semellante.

Exemplos *

“As lembranzas mesmo como as ondas / xurden soltas / dende o fondo de nós / e todas / fan un mar que se alonxa...” (Salvador García-Bodaño: Obra poética, 1993)

“Viron moitas cousas pero ela era máis partidaria de ver poucas e concentrarse nelas. Ollar moreas de edificios, de paisaxes, de museos en pouco tempo fai que che queden menos lembranzas gravadas na memoria.” (Úrsula Heinze: Delirios de pracer, 2018)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.