lémure

Primate da familia dos lemúridos, de ollos saíntes, co fociño e a cola longos, que habita nas árbores

Etimoloxía

Termo que pertence ao latín científico Lemur, -uris, que bebe no latín clásico lĕmŭres onde significaba ‘fantasmas’, 'sombras' ou ‘espíritos’.

Exemplos *

“En Paderne naceu un lémur de cola anelada. Fíxoo hai pouco máis dun mes e neste tempo xa deixou de estar todo o tempo agarrado ao peito da súa nai” (D. Vázquez: La Voz de Galicia, 28-7-2019)

“Velaí van os bois de Gures por unha terra sen xente / correndo coma lémures cara ó mar omnipresente./ Velaí van os bois de Gures orfos de amo e de curral / marchando cara a ningures por un camiño fatal.” (Darío Xohán Cabana: Patria do mar, 1989)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.