Lugar onde se garda a leña
Etimoloxía
Palabra derivada por sufixación tomando como base “leña” que vén do latín ligna, que é o plural neutro de lignum 'madeiro'.
Exemplos *
“Había unha vez un cacho de madeira. Non era unha madeira da fina, senón un pau do leñeiro, deses que no inverno se botan nas chemineas ou nas lareiras para quenta-las casas.” (Carlo Collodi: As aventuras de Pinocchio [Trad.: Antón Santamarina], 1987)
“Era noite pecha cando a María chegou á casa, as mans ensanguentadas, a escopeta disimulada baixo das saias. Escondeuna no leñeiro antes de entrar. As nenas choraban, e consolounas e díxolles que seu pai lles mandaba moitos bicos, e que axiña volvería.” (Darío Xohán Cabana: Vidas senlleiras, 1994)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.