Disco de vidro ou outra substancia sólida transparente limitado por dúas superficies esféricas, unha delas con caras curvas, cóncavas ou convexas, que se usa en instrumentos ópticos para desviar os raios de luz.
Etimoloxía
Procede do nome que tiñan as lentellas en latín, lens, lentis, ás que se asociou pola súa forma.
Exemplos *
"… esa ollada intelixente que ten o exercicio do bo humor, a través da súa lente, que esaxera, que deforma, que leva ao abasurdo, pero que nos permite, as máis das veces, tomar distancia coa realidade circundante e vala como é." (Henrique Torreiro: Tempos Novos 04-2006)
"A chuvieira deturpaba a visión coma se a estivesen a ollar a través dunha lente." (Xoán Bernárdez Vilar: Big-Bang)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.