lentella

Planta herbácea anual da familia das leguminosas, de talo delgado e ergueito, follas alternas divididas en folíolos, flores brancas e sementes pequenas e redondas en forma de lente encerradas nunha casula

Etimoloxía

Palabra que vén do equivalente do latín lenticula de significado semellante.

Exemplos *

“Columela, o escritor latino do século I, nado en Cádiz, que residiu en Roma, no seu libro sobre a agricultura, sinala que os legumes máis gratificantes e utilizados polo home parecen ser: a faba, a lentella, o chícharo, a xudía, o garavanzo...” (X.M. Couselo: O Correo Galego, 21-10-2001)

“Correspondíanos a Roberto e mais a min permanecer durante horas facendo cola para conseguir un chusco de pan que sabía a cartón, ou medio quilo de lentellas, que despois cumpría limpar con xeito.” (Marilar Aleixandre: O coitelo en novembro / A Fera no Metro, 2010)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.