lentura

Calidade de lento (que contén ou conserva un certo grao de humidade).

Etimoloxía

Formouse sobre lento, do latín lentus, -a, -um, que, entre outros significados, tiña tamén o de 'pegañento', de onde procede o de 'húmido'

Exemplos *

"Todas aquelas terras eran de moita lentura, e dábase un millo lanzal, de grao groso e limpo." (Ánxel Sevillano: Historias do canizo)

"… a néboa arremuiñábase e condensábase e da lentura da terra, pola calor, volvíase evapora-la auga e fumegaba." (Xosé Miranda: Historia dun paraugas azul)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.